Equípate en valores

Comezamos 2022 con un proxecto moi ilusionante. A partires do luns día 7 de febreiro e durante dez semanas, todos os grupos de rítmica dirixidos polas súas adestradoras reforzarán dez valores deportivos importantes. Durante todos estes días iremosvos facendo partícipes, a través das nosas redes sociais, do noso traballo.

«Segundo a Unesco, a educación no século XXI debe recoñecer cada vez máis o papel dos valores e as habilidades sociais para abordar os desafíos mundiais, como a inactividade, a desigualdade, o desemprego e os conflitos. O deporte pode ensinar valores como a equidade, a responsabilidade, a tolerancia, a empatía, a inclusión, a perseverancia e o respeto.

A Unesco está desenvolvendo programas de Educación en Valores a través do Deporte (EVD), que fomentan a aprendizaxe activa, complementan as aptitudes cognitivas, depositan nos nenos e nenas unha responsabilidade cada vez maior e incrementan os seus niveis de concentración e participación.

A poboación infanto-xuvenil afectada pola pandemia do virus SARS-CoV-2 viu radicalmente mermada a variedade dos seus estímulos sociais debido ao confinamento e ao decreto de distancia social, que conlevou un cambio radical dos seus hábitos de vida, limitando as relacións con iguais e a actividade psicomotriz no exterior do domicilio. Durante estes anos perdéronse moitas oportunidades de aprendizaxe social, o cal se está vendo reflectido nas súas relacións, e no aumento substancial dos problemas de resolución de conflitos e dos problemas de xestión emocional. Os nenos e nenas son aprendices sociais entusiastas e desenvolven habilidades como compartir, resolver conflitos e empatizar a un ritmo rápido na súa interacción con iguais.

Traballar en equipo é difícil, principalmente porque necesita dun competente solidario moi elevado. O deporte axuda a educar para favorecer o ben común por riba do individuo, priorizando o que necesita o equipo sobre os intereses persoais. Si este tipo de valores non se inculcan dende pequenos, será difícil que na adolescencia e na idade adulta formen parte da nosa filosofía de vida. O deporte ten o poder de proporcionar un marco universal para o aprendizaxe de valores, contribuíndo así ao desenvolvemento de habilidades necesarias para unha cidadanía responsable.

O obxectivo deste proxecto é reforzar esa educación en valores que podemos recibir a través do deporte e que tan necesaria é para os nenos e as nenas de hoxe en día. Ao mesmo tempo, pretendemos involucrar ás familias no proxecto, elas son un axente imprescindible para a formación integral dos deportistas.»

Natalia Gómez Blanco

Coordinadora da sección de Ximnasia Rítmica

Club Ximnasia Pavillón Ourense

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido