A ximnasia: un oasis no deporte feminino ou unha mostra máis do que queda por facer?

A tenor dos datos a ximnasia sí puidera parecer un oasis de igualdade no deporte: ten a maior porcentaxe de licencias femininas de todas as federacións nacionais, o maior número de técnicas, a maior porcentaxe de mulleres dirixindo clubs e, aínda que a presidencia da Real Federación Española está en mans dun home, os seus órganos de goberno dipoñen dunha paridade envidiable noutros eidos.

Pero se analizamos os datos de xeito máis profundo veremos, tristemente, que hai moita problemática a resolver. A ximnasia, a pesares de ser un deporte en franco crecemento, tanto en practicantes como en espectadores e espectadoras (en directo e retransmitido), e pese a ser un dos deportes que no noso país conta con eventos deportivos masivos que teñen un impacto económico importantísimo nas cidades-sede, segue a ser un dos deportes menos presente nos medios de comunicación.

Por outra parte o feito de que a ximnasia rítmica sexa un dos dous únicos deportes olímpicos ós que non se lle recoñece modalidade masculina, xunto coa natación artística, crea arredor destas especialidades deportivas unha aureola de “deporte de mulleres”, nada beneficioso para a igualdade e por suposto nada beneficioso para as mulleres que os practican.

E, por último, resulta moi curioso que cando se fala de igualdade no deporte como valor de empoderamento feminino, nunca, ou case nunca, se fala de ximnasia, senón de deportes máis maioritariamente masculinos, como fútbol, baloncesto, balonmán, etc. Como se o feito de tratarse dun deporte máis practicado por mulleres que por homes, restase importancia a práctica feminina, o que de novo volve resultar un maltrato contra as mulleres no eido deportivo: ximnastas, adestradoras, xuizas, presidentas, etc. Todo o deporte practicado por mulleres é feminino, se desenvolva ou non nun mundo masculino e require o mesmo grado de esforzo mantelo vivo e mostralo á sociedade.

Dende o noso club reinvindicamos a igualdade, o traballo en prol do deporte feminino, sen esquecer o dereito que os homes teñen de practicar as especialidades que algúns pretenden “relegar (dito isto con toda a carga negativa que supón) á categoría exclusivamente feminina”.

Taballamos tamén en prol da profesionalización da labor das adestradoras,con todos os beneficios que para o ensino do deporte ten o aproveitamento das habilidades adquiridas polas nosas deportistas ó longo da súa vida deportiva, para que, acompañadas da formación necesaria, poidan facer da ximnasia un modo de vida, se é o seu desexo. E, por certo, de novo volvemos atoparnos coa gran diferencia que existe entre sexos en canto a esta profesionalización da figura de “adestrador/adestradora”.

Concluimos por tanto que a ximnasia é unha mostra máis do que queda por facer e reivindicamos o dereito que nos corresponde como parte do deporte feminino.

A modo de resumo da nosa labor como club ó longo dos anos neste eido e con datos moi interesantes acerca da situación da muller no deporte na nosa contorna, adxuntamos un extracto dun proxecto que elaboramos en 2020.

Carmen Blanco González

Club Ximnasia Pavillón Ourense

A ximnasia un deporte para todos e todas (resumo)

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content