Grazas!

Hoxe remata 2021 e son días de lembranzas. Poñemos fin a un ano e desexamos cousas marabillosas para o que comeza. E así, como non podía ser doutro xeito, remata o ano para esta familia da ximnasia, unha familia viva que ten memoria e grandes ilusións.

O último Torneo Nadal foi un torneo cheo de historia, dunha historia que nos trouxo ata o que hoxe en día somos e que nos debe facer estar orgullosos e orgullosas. Lembramos a Marosa, esa persoa que deixou no mundo un cargamento de positividade e que foi pilar importante no noso club, esa persoa que xa nunca deixará de acompañarnos porque o seu nome irá sempre unido ó noso. Tamén lembramos a todos eses e esas ximnastas, adestradores e adestradoras, que decidiron, nos últimos anos, aparcar a competición pero que seguen formando parte da vida do noso club, do mesmo xeito que recoñecen que formamos parte das súas.

A memoria é esencial para evolucionar, tanto colectiva como individualmente, é unha ferramenta indispensable na educación porque nos permite crear a base necesaria para relacionar experiencias e coñecementos. Como club, esta memoria fainos crecer, afianza a nosa estructura, ortórganos identidade e humanízanos. Pero cando un 19 de decembro de 2021 comprobamos que formamos parte das memorias individuais de tantos mozos e mozas, cando nos transmiten que formamos parte da súa personalidade, da súa educación, dos seus valores, etc. e cando comprobamos que seguen formando parte deste club pasen os anos que pasen, podemos dicir que estamos no camiño correcto.

Este final de ano, que esperamos sexa o final de dous anos duros, temos moito que agradecer a todas as familias que nos acompañan día a día. Grazas á familia de Marosa que, coa súa presenza no Torneo Nadal, nos mostrou que temos un papel importante nas súas vidas. Grazas a todos e todas os/as ximnastas e adestrador que ese día vos despedistes connosco duns anos inolvidables. E o noso infinito agradecemento a Sara e a todo o equipo de “miniaguilillas” por poñer palabras á memoria de toda unha vida deportiva, palabras que, de seguro, moitos e moitas dos/as ximnastas que formastes e formades parte deste club poderiades facer vosas.

Os nosos desexos para 2022 resúmense nun só:

“Queremos seguir sendo importantes para vós e queremos que esta carta de Sara siga sendo o sentir dos mozos e mozas que nos acompañan día a día e ano tras ano”

M. Carmen Blanco González

Gracias-Sara Blanco Daparte

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content