Euskalgym 2022 Bilbao, 29-30 de novembro 2022

Unha nova medalla para o noso club: Patrick subcampión do Euskalgym 2022.

De novo chegou esta competición que tanto nos gusta.

O sábado competían os conxuntos prebenxamín prebase e alevín absoluto. As alevíns realizaron un marabilloso exercicio que as colocou sextas na categoría. As prebenxamíns foron oitavas na súa primeira cita nacional que defenderon con moito acerto.

Na xornada de domingo competían en primeiro lugar as cadetes base que non tiveron o seu mellor día. Pola contra as infantís deron mostras da melloría acadada no exercicio cara o vindeiro nacional e ocuparon o posto 22 da categoría.

No nivel absoluto tamén foi o turno de junior e infantís. As primeiras fixéronnos disfrutar co seu exercicio e colocáronse no posto 11. As infantís tiveron varios erros que as fixeron baixar postos na clasificacion.

Xa no final da competición tocaba individual masculino. Jose e Patrick realizaron uns excelentes exercicios de corda na categoría prejunior. Patrick alzouse coa prata e foi así subcampión prejunior Euskalgym 2022.

Parabéns a todos e todas!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content