EUSKALGYM 2023

Fantástico fin de semana nunha das competicións máis bonitas da tempada!!

Os días 4 e 5 de novembro desprazámonos a Barakaldo con sete conxuntos e tres ximnastas individuais.

Destacamos entre os conxuntos base, o resultado do noso infantil que quedou 8º clasificado con un exercicios dos mellores da tempada. As benxamíns van mostrando unha excelente evolución, firmaron o posto 22. O conxunto cadete do Escola Pavillón no tivo o seu m ellor día e foron 37º. Por sua parte o conxunto cadete do Club Ximnasia Pavillón, para o que foi a primeira competición de ámbito nacional, realizaron un bó exercicio que as situou no posto  29.

No nivel absoluto as junior maiores deron mostra da súa forza no tapiz e foron 9º con unha excelente nota. Non foi unha boa xornada para as junior máis novas e, con varios erros, baixaron ao posto 21º. As alevíns, con un exercicio con moi poucos erros mostraron estar ao nivel da competición absoluta obtendo o 11º posto.

O domingo competían os nosos mozos en categoría junior. O mellor resultado foi para Jose que foi 6º. Edu e Patrick foron 14º e 16º respectivamente. Teñen aínda uns meses por diante para seguir afianzando os seus exercicios.

Parabéns a todas e todos e moita sorte aos conxuntos para o que resta de tempada, que queda o mellor!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content