I FASE AUTONÓMICA COPA DE ESPAÑA E COPA BASE CONXUNTOS- VIGO (7 DE ABRIL-2023)

Cinco dos nosos conxuntos nacionais competirán na Copa en Santander no mes de maio.

Os tres conxuntos absolutos lograron a súa clasificación para a Copa de España. O conxunto infantil, primeiro clasificado, exhibiu un exercicio moi bonito no que aínda quedan erros que limpar. O conxunto junior non tivo o seu mellor día pero aínda así fíxose co segundo posto. O conxunto senior encheu a pista con unha coreografía con algúns desaxustes que lles deu a mellor nota da categoría.

Os conxuntos alevín e cadete base foron segundo e cuarto respectivamente e lograron o seu billete para Santander. O conxunto alevín disfrutou e fíxonos disfrutar, foron segundas clasificadas. O conxunto cadete tivo erros que as levaron ao cuarto posto e foi o conxunto xuvenil o que tivo menos sorte con erros importantes que as alonxaron dos postos de clasificación.

Parabéns a ximnastas e adestradoras!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content