Importancia educativa do adestrador/a

O adestrador/a é unha das persoas que máis influirá na formación dos mozos e mozas, non só no que se refire ao ámbito deportivo, senón tamén no persoal. O adestrador/a debe ser, en adestramentos e competicións, a persoa que orienta, dirixe, motiva, asesora e axuda a resolver conflitos intrapersoais e interpersoais. A influencia educativa que os adestradores poden exercer sobre os nenos/as a través do deporte é superior, na maioría dos casos, a calqueIra outra área da súa vida. O tempo que están nas actividades deportivas é moi prolongado, as vivencias son moi intensas e, ó entrar dende o punto de vista do ocio, teñen sumo poder de influencia.

O poder educativo do deporte

“O deporte non ten ningunha virtude máxica, pode espertar o sentido da solidariedade e cooperación como xerar un espírito individualista,… pode educar no respecto pola norma así como fomentar o sentido da trampa. Depende do educador e da súa forma de ensinar, se se fomentan ou non, os valores educativos que posúe indiscutiblemente o deporte”

 (Parlebas, 1969)

Neste sentido que debemos pensar? O introducir a competición en idades temperás é beneficioso ou contraproducente para os deportistas?

Podemos introducir a competición en idade escolar pero debemos ter claro que isto non significa aceptar que o seu obxecto sexa só conseguir vitorias, éxitos e campións. Este pode ser un obxectivo secundario, que non debemos rexeitar. O obxectivo principal é ofrecer unha gama, o máis ampla posible, de experiencias formativas.

Os clubs que traballan co deporte base deben outorgar especial importancia á formación dos deportistas como persoas abordando tres grandes liñas de acción:

  • Educación en valores: traballando cos deportistas o respecto, a tolerancia, empatía, asertividade, xenerosidade, cooperación, responsabilidade, compromiso…
  • Educación emocional: tendo en conta a atención emocional aos deportistas e ás súas familias e axudándoos a adestrar a resiliencia, a xestión do estrés, o auto coñecemento e a autoestima, etc.
  • Coeducación: Abandonando os estereotipos de xénero, corrixindo conductas e actitudes machistas, previndo situacións de acoso e violencia de xénero.

Considero que os responsables do deporte escolar deben velar por que os valores educativos do deporte e da competición sexan transmitidos polos adestradores/educadores de forma correcta, deben procurar a profesionalización do sector. Na mesma liña a formación encamiñada a estes profesionais debería ter máis carga lectiva en materias como pedagoxía, psicoloxía, etc.

Fagamos que os nosos deportistas sexan ante todo grandes persoas, comprometidas e respectuosas consigo mesmas e co seu entorno.

Natalia Gómez Blanco – Educadora social e directora técnica de Club Ximnasia Pavillón Ourense

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido