CAMPEONATO DE ESPAÑA DE GIMNASIA RÍTMICA MASCULINA (GUADALAJARA DEL 17 AL 21 JUNIO 2026)

O noso ximnasta José Vázquez puxo o broche á tempada cunha gran actuación no Campionato de España Individual Masculino, celebrado en Guadalajara.

Competindo na categoría Sénior, José acadou un magnífico 15º posto na clasificación xeral, situándose entre os mellores ximnastas do país.

Destacou especialmente na sua actuación con mazas, donde logrou situarse entre os dez mellores ximnastas do campeonato, quedando a 0’150 de entrar na final.

Un 10º posto en mazas e a súa boa actuación en corda, ademais dun sólido exercicio de aro que lle permitiu manter unha gran regularidade ao longo de toda a competición.

Este resultado é o reflexo do esforzo, compromiso e traballo diario que José leva demostrando durante toda a tempada, representando con orgullo ao noso club nun dos campionatos máis importantes do calendario nacional.

Parabéns, José! Estamos moi orgullosos de ti e de todo o conseguido nesta tempada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad