O sábado día 18 de outubro, nos Remedios, tiveron lugar os controis clasificatorios para Copa Base Individual e III Fase de Copa de España de conxuntos élite e o Campionato Galego de Conxuntos Base.
Son tres os conxuntos que estarán en Castellón (infantil élite e alevín e xuvenil base). Tanto estes tres conxuntos coma os dous conxuntos senior élite (M e P) teñen amplo marxe de mellora cara o que queda desta tempada 2025.
CONTROL COPA DE ESPAÑA DE CONXUNTOS ÉLITE
As infantís, con algúns erros, foron segundas na clasificación e están clasificadas para a Castellón.
A categoría senior era a categoría na que a clasificación estaba máis complicada. O conxunto senior P disfrutou e fixo disfrutar co seu exercicio dando mostras da súa melloría e colocáronse en terceira posición. As senior M non tiveron un bó día e varios erros as arrastaron á quinta posición.
CAMPIONATO GALEGO CONXUNTOS BASE
O conxunto alevín foi quinto clasificado nunha semana complicada afectada polas lesións, tras dous pases con imprecisións.
O conxunto xuvenil, recén ascendido a nacional, tras un primeiro pase con varios erros, logrou remontar no segundo e amosou que se atopa nun bó nivel, obtendo tamén a clasificación.
Os dous conxuntos base estarán en Castellón.
Parabéns e moita sorte para o que queda!