CAMPIONATO DE ESPAÑA CONXUNTOS IBERDROLA (Madrid, 3-6 de decembro 2025)

Entre os días 3 e 6 de decembro desprazábanse a Madrid os nosos conxuntos senior P e infantil para competir no Nacional máis importante do ano.

As infantís conseguiron finalmente participar nesta competición tras unha longa lesión dunha das ximnastas que lles impediu rematar a tempada como era o seu desexo. Foron quen de mostrar unha gran resiliencia e capacidade mellorando en moito o seu segundo exercicio. Obtiveron o posto 27 da clasificación xeral.

Por súa parte o conxunto senior P tivo erros importantes sobre todo no segundo pase que as arrastrou ata o posto 58 da clasificación xeral.

Ambos conxuntos teñen a mente xa posta na tempada 2026.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad