Finalizado o campionato de España de Ximnasia de Trampolín non podemos estar máis contentos por todo o vivido. O CXP foi o Club anfitrión do evento e desde aquí queremos agradecer a todas as persoas, empresas e institución que fixeron posible que a competición estivese chea de emoción, talento e paixón pola ximnasia.
Tamén queremos felicitar a todos e todas as ximnastas participantes polo seu bo facer.
Resultados máis destacados
Competición Base
Medalla de prata por equipos en Trampolín
Antía Vilas Prada, bronce en categoría alevín feminina.
Moraima Nóvoa Fernández, dobre bronce en Infantil feminina (Dobre Minitramp e Trampolín).
Noa Rodríguez Enríquez, prata en Xuvenil feminina (Trampolín).
Alma Quintana Rodríguez, prata en Xuvenil feminina (Trampolín).
Competición Elite
O equipo Sub-15 masculino, segundo posto en Dobre Minitramp e Trampolín.
Iker García Martínez, ouro en Pre-júnior masculino (Trampolín).
Mario Monteagudo Blanco, prata en Pre-júnioror masculino (Trampolín).
Pedro Castaño Garrido, ouro en Presenior masculino (Dobre Minitramp).
Hugo Rodríguez Pérez, prata en Presenior masculino (Trampolín).
Mateo Rodríguez Pérez, bronce en Presenior masculino (Dobre Minitramp).
Marta Rodríguez Cancio, prata en Presenior feminina (Dobre Minitramp).
A parella formada por Diego Rodríguez Pérez – Mario Monteagudo Blanco, bronce en Sincronismo Júnior.
Estes logros son importantes, pero o mellor foi o que se viviu nas gradas: a forza dun club unido, o apoio constante das familias e a ilusión de cada ximnasta. Grazas por facernos sentir que cando traballamos en equipo todo é posible.
Parabéns a todo o equipo técnico, ás e aos ximnastas e tamén ás familias que estades sempre ao lado apoiando. Somos un gran equipo.!!