Campionato de España en Idade Escolar Oviedo (13 de maio de 2022)

As nosas junior foron parte da selección galega que representou á F.G.X. neste bonito campionato. A expedición estivo formada por cinco ximnastas individuais dos clubs Maniotas, Acordes e Marusia e o noso conxunto junior na modalidade de conxuntos.

Foi unha experiencia inesquecible representar a Galicia e compartir experiencias coas nosas compañeiras de outros clubs. O ambiente foi de total compañeirismo e mostrou esa cara marabillosa do deporte.

As nosas estiveron preciosas, volveron disfrutar o exercicicio e obtiveron o 8º posto para Galicia, por autonomías.

Moitísimos parabéns a todas as galegas, ximnastas e adetradoras!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido