Entre os días 3 e 7 de abril celebrouse en Guimaraes (Portugal) o Campionato de Europa de Gimnasia de Trampolín.
Formaban parte da selección española Noa Puente-Dodd Álvarez no equipo sénior e Mateo Rodríguez Pérez no equipo junior. Aínda que os nosos ximnastas non tiveron moita sorte, a selección española acadou sete medallas das que nos gustaría destacar as dúas medallas de bronce obtidas na modalidade olímpica de trampolín. Unha obtida polo equipo sénior de trampolín composto por David Vega, Jorge Martín, Robert Vilarasau e David Franco e a acadada por Noemí Romero na categoría senior individual feminina. É esta a primeira medalla obtida por unha ximnasta individual feminina nun campionato de Europa en categoría absoluta, lembremos que Noemí é tamén a primeira ximnasta española que acadou plaza para acudir a uns xogos olímpicos. As outras cinco medallas repartironse na modalidade de DMT das que destacaremos o ouro obtivo polo equipo masculino de DMT e o bronce obtido polo equipo feminino e a medalla de ouro da galega Melania Rodríguez.
Desde aquí os nosos parabéns á delegación española por estes magníficos resultados e a Noemí Romero por esa traxectoria. E por suposto tamén a Noa e Mateo porque puideron compartir e disfrutar duns días tan intensos.
Próxima cita, o Campionato de España de Ximnasia de Trampolín que se celebrará do 8 ao 12 de maio en Pamplona.