Finalizou o Campionato de Europa disputado en Rimini e non podemos estar mais satisfeitos. A representación pavillonista aportou o seu grao de area á delegación Española que probablemente teña acadado os mellores resultados obtidos nun Europeo de Trampolín.
No que respecta as e os pavillonistas 𝗔𝗹𝗲𝗷𝗮𝗻𝗱𝗿𝗮 𝗕𝗿𝗮ñ𝗮 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 subiu ao podio co resto do equipo de DMT para recibir un merecido bronce.
En categoría junior 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗮 𝗥𝗼𝗱𝗿í𝗴𝘂𝗲𝘇 𝗖𝗮𝗻𝗰𝗶𝗼 finalizou na posición 19 en semifinais e a posición 12 en Syncronismo. E 𝗦𝗮ú𝗹 𝗥𝗼𝗱𝗿í𝗴𝘂𝗲𝘇 𝗥𝗼𝗱𝗿í𝗴𝘂𝗲𝘇 que non tivo sorte en Trampolín, rematou nunha nada desdeñable quinta posición en DMT
Parabéns a toda a Delegación Española por un resultados que auguran un bo futuro para o trampolín nacional e por suposto, parabéns ás e ós nosos ximnastas e adestradores que nos fixeron vivir un emocionante europeo.