A nosa ximnasta Noa Puente-Dodd Álvarez formou parte da selección española que viaxoou a Birminghan para participar no Campionato do Mundo. Noa representará a España en Trampolín e en Sincronismo xunto coa ximnasta Érika Sanz. Este campionato é clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Paris 2024.
Noa fixo unha boa participación que contribuiu a que na clasificación por equipos o equipo de trampolín feminino acadase a cuarta posición.
Orgullosos e orgullosas da nosa ximnasta!!!