Tres finais e un meritorio 5º posto no Mundial por Idades para o CXP
Xa de volta do Campionato do Mundo por Idades, celebrado do 13 ao 16 de novembro, a participación da representación do Club Ximnasia Pavillón Ourense (CXP) como parte da española deixounos momentos destacables.
España iba representada por unha delegación de 68 deportistas dos distintos clubs nacionais, dos cales 10 son do CXP:
Fabio Gonzalez Fernández
Breixo Miranda Fernández
Diego Rodriguez Pérez
Iker Garcia Martínez
Mario Monteagudo Blanco
Daniel G. Imray Carrasco
Uxia Blanco Cidón
Claudia Blanco Cidón
Marta Rodriguez Cancio
Saul Rodríguez Rodríguez
As e os deportistas pavillonistas con menos experiencia afrontaron a proba con gran solvencia, acadando resultados moi satisfactorios como o o 17º posto de Breixo Miranda Fernández en Trampolín, nunha competición con 41 participantes.
Entre o grupo máis experimentado salientamos o 5º posto de Saúl Rodríguez Rodríguez en DMT, tamén entre 41 participantes; o 7º posto de Daniel G. Imray Carrasco en Sincronismo, nunha proba con 36 parellas; así como a parella de Diego Rodríguez Pérez e Mario Monteagudo Blanco en Sincronismo, cun nada despreciable 7º posto entre 21 parellas participantes.
A nivel individual feminino, Claudia Blanco Cidón amosou a súa calidade por riba do trampolín, acadando un posto 24 entre 70 participantes de todo o mundo.
Neste campionato déronse cita, según datos da organización, un total de 1423 futuras promesas do trampolín, procedentes de 46 países dos cinco continentes.
Desde o Club estamos moi satisfeitos polo traballo realizado e felicitamos a todo o equipo técnico, familias e ximnastas amosamos unha grande satisfacción polo traballo traballo realizado . O club quere felicitar a todo o equipo técnico, á familias e ximnastas polo seu compromiso e dedicación. PARABÉNS!