Ir al contenido

Campionato Galego Conxuntos Base (Ourense, 19 de outubro de 2024)

Clasificadas para Zaragoza!!

Os tres conxuntos base acadaron a súa clasificación para o Campionato Nacional a celebrar en Zaragoza.

O primeiro en participar foi o conxunto xuvenil. Disfrutaron moito un exercicio que expresaron marabillosamente. Ocuparon o noveno posto da súa categoría.

O conxunto cadete tivo erros na primeira rotación pero vimos un excelente segundo pase que arrancou unha moi boa nota. Estiveron a moi pouquiño de acadar o bronce. Foron cuartas da categoría.

As alevíns, a pesares de ser as máis noviñas da competición, lograron o título de subcampionas con dous exercicios onde mostraron gran regularidade e veteranía.

Moitísima sorte para o nacional!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad