Os nosos equipos sénior participaron o domingo día 9 de novembro no campionato galego de conxuntos clasificatorio para o campionato de España de Madrid en decembro.
O sénior P realizou un gran primeiro pase co que se colocou terceiro na clasificación. No segundo pase algúns erros fixeron que baixaran un escalón, quedando finalmente 4º clasificadas.
O senior M arrancou con un primeiro pase con algúns erros importantes que conseguiron mellorar no segundo pero non chegaron para acadar a clasificación para Madrid, quedando en 6º posición.
O senior P e o equipo infantil competirán no nacional de decembro. O equipo infantil polo de agora está de baixa por unha lesión de unha ximnasta e esperamos que poidan recuperarse.
Moitísima sorte para o nacional!