Excelentes resultados neste campionato galego de Trampolín tanto no nivel Base como no nivel Elite.
O equipo Base acadou a primeira posición por equipos na modalidade de trampolín e o segundo posto en DMT.
No nivel Elite o equipo feminino acadou a terceira posición. A estes postos por equipos súmanse os postos individuais dos que destacamos os acadados na modalidade de Trampolín: 4 ouros, 5 pratas e 3 bronces no nivel base e no nivel elite, 10 ouros, 4 pratas e 1 bronce.
Agora toca preparar o mundial absoluto no que participa Noa e Alejandra e o mundial por Idades!!!!!