O noso club regresou do Campionato Galego de Trampolín coa satisfacción do traballo ben feito e cun balance espectacular. Durante toda a fin de semana, as nosas ximnastas e os nosos ximnastas das categorías Base, Escolar e Elite demostraron sobre o tapiz o esforzo e a ilusión que poñen en cada adestramento.
Os resultados falan por si sós: 79 medallas individuais, repartidas en 32 ouros, 28 pratas e 19 bronces. A elas súmanse 12 podios por equipos e 7 máis nas probas de sincronismo, acadando un total de 98 podios.
Máis alá das medallas, quedamos co compañeirismo, a capacidade de superación e o orgullo de ver aos nosos deportistas gozar e representar ao club da mellor maneira posible.
Queremos felicitar a todas as persoas que formaron parte desta competición: deportistas, adestradores e familias. Grazas polo voso esforzo e apoio constante. Seguimos medrando e desfrutando xuntos deste deporte que tanto nos apaixona.
Grandísimo traballo moz@s!!!