O pasado sábado celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Escolar, unha das poucas competicións nas que as e os ximnastas de Galicia que se inician nesta modalidade, teñan a idade que teñan, poden amosar o seu traballo e progreso ao longo da tempada. Nesta edición tamén se disputou a competición máster.
No campionato participaron os seguintes clubs: Club Ximnasia Pontevedra, Ximnasia Estrada, Acro Club Nigrán, Club Ximnasia Vila de Marín, Club Sieiro A. Vigo, Club Treboada, Gravvity (Lugo), Escolas Deportivas de Barbadás, Club Escola Buragas, Club Ximnasia Escola Pavillón e Club Ximnasia Pavillón Ourense.
Entre os resultados do Club Ximnasia Pavillón Ourense destacan especialmente as clasificacións por equipos. O equipo masculino acadou o 1º posto en dobre minitramp, ademais do 2º posto en tumbling e trampolín. Pola súa banda, o equipo feminino conseguiu o 3º posto en trampolín e en DMT.
Na categoría máster, Marta Rodríguez Dopazo logrou a 1ª posición en trampolín e a 3ª en DMT, mentres que Laura Blanco González acadou a 2ª posición en trampolín e a 3ª en minitramp.
Parabéns a todas as persoas participantes polo gran traballo realizado!!!
.