Ourense (27 de maio 2023)
Dez podios en Base e 28 en Elite, agás os 16 podios en Sincronismo
Durante a xornada do sábado desenvolveuse no Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro de A Estrada o campionato galego de trampolín.
O Club participaba con sete ximnastas no niveis base e dezaoito en Elite.
No nivel Base todos os ximnastas participaron nos dous aparatos: Trampolín e Dobre Minitramp. No nivel Elite a maior parte deles participaron tamén nos dous aparatos ademais de ser o noso, o único club que presentou parellas de Sincronismo.
Agora toca preparar o Campionato de España que se desenvolverá en Pontevedra dentro de un mes.