CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL E CONTROL II FASE COPA CONXUNTOS (Ourense 25-05-2024)

Eran tres citas ese sábado nos Remedios!

Os resultados máis salientables na modalidade individual foron para os tres ximnastas masculinos. Patrick obtivo o ouro na categoría infantil. Na categoría junior Jose obtivo o ouro nos tres aparellos (aro, cinta e mazas), sendo así campión galego na clasificación xeral. Eduardo,na mesma categoría, obtivo a prata nos tres aparellos e foi subcampión galego na clasificación xeral.

Competían tamén os nosos cinco equipos no individual de clubs. O resultado máis salientable foi o de Candela, na categoría senior, que se alzou coa prata co seu exercicio de pelota. Os equipos infantís foron 5º e 6º na clasificación, o equipo junior foi 5º clasificado e os equipos senior 4º e 5º clasificado.

No control clasificatorio para a Copa de España de conxuntos absolutos o conxunto infantil foi 2º, o conxunto junior foi 1º e o conxunto senior non puido participar por mor da baixa médica Caludia. Os tres conxuntos estarán na II Fase da Copa entre o 2 e 7 de xullo sen sede aínda determinada.

Moitísimos parabéns ximnastas a ximnastas e equipo técnico!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido