CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL E CONTROL II FASE COPA DE ESPAÑA (OURENSE, 16 DE MAIO 2026)

O domingo tiñan lugar no Pavillón dos Remedios, coa colaboracion do noso club na organización, varias competicións galegas, entre elas, o individual masculino e control para II Fase de Copa de España de conxuntos.

Pola mañán Jose proclámabase Campión Galego con unha actuación espectacular. Foi 2º en aro, a tan só 0,050pts do ouro. Co exercicio de corda logrou o 3º posto. Coas mazas logrou o 1º posto. A suma dos tres aparatos deulle o título de Campión Galego.

No control para a II Fase de Copa de España, os conxuntos senior acadaron o 2º posto que lles da acceso á fase nacional. O conxunto junior, con un exercicio excelentemente executado, quedou no 3º posto da clasificación e por tanto non poderán estar nesta segunda fase.

A xornada foi excelente para os tres conxuntos e para Jose. Moitísimos parabéns a ximnastas e adestradoras!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad