Ourense (20 de maio 2023)
14 ximnastas do Pavillón competirán nas vindeiras citas nacionais durante os meses de xuño e xullo.
Na xornada de mañán eran os nosos conxuntos absolutos os que buscaban a súa clasificación para a II Fase de Copa de España de conxuntos.
O conxunto alevín realizou un exercicio con moi poucos erros e mostran unha progresión que vai a máis cada día.
O conxunto junior das máis peques tivo algúns erros importantes coa cinta e acadaron o 3º posto que non da acceso á Copa. Foi desta vez o conxunto junior das máis veteranas o que, a pesares dalgún que outro desaxuste, lograron a 2º praza para a cita nacional.
Na competición individual na categoría alevín, Claudia, Alma e Lara foron primeiras en mans libres, aro e mazas respectivamente. Ocuparon o segundo posto Olga, Bianca e Carla. Na categoría junior os equipos non lograron a clasificación para o nacional.
Na modalidade individual masculina en categoría infantil José Vázquez Gómez acadou o ouro seguido de Patrick Célis que foi prata. Eduardo Montero, en categoría junior, acadou o 4º posto que da paso ó nacional.
Moita sorte para todo o que queda!!