Eduardo e José foron os representantes do club no individual masculino. Eduardo acadou o 4º posto en aro, 6º en corda e mazas e 4º na clasificaición xeral, coa suma dos tres aparatos, clasificándose así para o nacional na categoría senior, a máis complicada desta competición. José , en cateogoría junior, foi 1º en aro e 2º en mazas e pelota, ocupando o 2º posto na clasificación xeral, que tamén lle da o pase ao nacional. Ambos ximnastas competirán en Guadalajara entre os días 18 e 22 de xuño.
Catro equipos buscaban a clasificación no galego por equipos para esta cita nacional: dous equipos senior e dous equipos de categoría infantil. En categoría senior os nosos equipos foron 5º e 6º e por tanto non acadaron a clasificación desexada. Os equipos infantís foron terceiro e cuarto respectivamente, logrando así o pase ao nacional. Nesta categoría infantil o mellor resultado foi para Claudia que foi subcampiona en pelota e bronce en corda. Tamén obtivo medalla Lara co seu bronce en cinta.
Parabéns a todos e todas!!