Campionato Galego Promoción e Prebase (Ourense, 8 de xuño de 2024)

Cinco medallas das seis posibles!!!

Foi o último dos campionatos de ámbito autonómico desta tempada 23-24 na modalidade de ximnasia rítmica. E tamén un dos campionatos que conta con máis participación; un total de 213 actuacións entre conxuntos e individuais.

O primeiro en competir foi o conxunto xuvenil promoción (Loaira, Gabriela, Carla, María, Sidney, Lucía, Daniela e Sara) que non tivo o seu mellor día e, tras unha tempada moil disfrutada e con excelentes resultados, tivo erros graves que o levaron ao 9º posto entre os dezasete conxuntos da categoría.

O conxunto benxamín competiu por primeira vez neste nivel e realizou o mellor exercicio da tempada que lles valeu o ouro. O conxunto alevín , con un  brillante exercicio acadou tamén o ouro. O conxunto máster, constituído por adestradoras do club que son un gran exemplo para todas as ximnastas, ocupou tamén o escalón máis alto con un exercicio cargado de expresividade e veteranía.

No nivel prebase, Carlota obtivo o bronce e o conxunto cadete, con unha excelente nota, produto dun exercicio moi completo, obtivo a prata da categoría.

Por tanto tres conxuntos foron campións galegos, dous deles (benxamín e alevín) ascenden a prebase. O conxunto prebase subcampión.

Non podiamos esperar un mellor fin de tempada autonómica!! Parabéns a todas!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Ir al contenido