Excelente peche de tempada para os nosos equipos nunha competición de alta participación. Cinco metáis (2 ouros, 1 prata e 2 bronces), un 4º e un 5º posto foron os resultados máis destacados.
XORNADA DE MAÑÁN- O conxunto xuvenil prebase, con algúns erros, rematou no 10º posto da clasificación. Os conxuntos xuvenil e benxamín promoción realizaron os seus exercicios con unha excelente execución e acadaron os bronces das súas categorías.
XORNADA DE TARDE- Os conxuntos alevín e infantil prebase tiveron unha excelente actuación, obtendo o 4º posto e 5º posto, ambos a tan só tres décimas do podio. O conxunto infantil promoción foi 7º clasificado e Carlota García-Peñuela, na modalidade individual foi 6º clasificada na categoría cadete prebase.
XIMNASIA ESTÉTICA DE GRUPO- Esta modalidade estreabase en competición autonómica e desenvolveuse ao longo de todo o día en preliminares e finais. Os conxuntos ourensáns participantes foron os conxuntos infantil (10-12), Junior Mixto e Senior do Escola Pavillón. Os conxuntos infantil e junor mixto foron ouro e o conxunto senior acadou a prata.
RESUMO DE RESULTADOS
- Ximnasia Estética de Grupo
- Infantil 10-12 Programa Longo- 1º
- Junior Programa Mixto- 1º
- Senior Programa Curto- 2º
- Nivel Prebase
- Conxunto Alevín: 4º
- Conxunto Infantil: 5º
- Conxunto xuvenil: 10º
- Carlota García-Peñuela (cadete): 6º
- Nivel Promoción
- Conxunto benxamín: 3º
- Conxunto Infantil: 7º
- Conxunto Xuvenil: 3º