Foi un día de moitas emocións e algún que outro pequeno disgusto (xa sabemos que ás veces se gaña e ás veces se aprende).
As nosas prebenxamíns de promoción tiveron algún que outro erro que as separou por tan só dúas décimas do podio. Tamén competia en individual Alicia que tamén foi 5º clasificada.
O conxunto alevín prebase non afinou o exercicio e os erros leváronas ó quinto posto da clasificacion.
Os conxuntos infantil e cadete lograron o título de subcampións.
Os catro equipos continuarán traballando e mellorando os seus exercicios para o inicio da tempada 22-23. Moita ilusión posta nos catro conxuntos e algún máis que se engadirá a estes niveis de competición.
Orgullosísimos e orgullosísimas de ximnastas e adestradoras!!!