En Jerez finalizaron tempada os nosos conxuntos base. Para o conxunto cadete supuxo tamén a primeira competición nacional e souberon estar ó nivel co seu exercicio, ocuparon o posto 70 dos 108 conxuntos da categoría. O conxunto infantil comezou moi ben o seu exercicio e auguraba a súa mellor actuación da tempada pero un nudo nas cintas desencadenou erros importantes que as fixeron baixar moito e finalmente tamén remataron no posto 70 da categoría.
Na III Fase da Copa de España de conxuntos absolutos, o conxunto junior rematou no posto 14, no 15 o conxunto alevín e no 21 o conxunto infantil.
Parabéns a todas polo excelente traballo de toda a tempada e moita sorte para o que queda!