Pechamos con excelentes resultados a competición máis esperada.
O conxunto junior do Escola Pavillón tivo unha moi boa actuación no seu primeiro pase pero non tiveron sorte no segundo e varios erros do excercicio leváronas ao posto 34, que non fai xustiza á súa excelente tempada.
O conxunto junior realizou os mellores exercicios de toda a tempada, mostrando a súa veteranía en competición nacional. Ocuparon o posto 17 dunha das categorías de máis alta participación con excelentes puntuacións.
O conxunto alevín, con un erro importante na primeira rotación, deu exemplo de superación e realizou, na segunda rotación, un gran exercicio. Ocuparon tamén o posto 17 nunha categoría de gran nivel.
Parabéns polos bós momentos que nos fixestes vivir nesta competición e en toda a tempada!!! A pola seguinte!!!