Os tres conxuntos absolutos do Club Ximnasia Pavillón rematan a tempada 2024 en Pamplona
Nove foron os conxuntos galegos que participaron no nacional de Pamplona. Tres deles do noso club (infantil, junior e senior), o club galego con máis alta participación neste nacional.
Acadaron así os postos 33 (infantil), 39 (junior) e 42 (senior) dentro dun gran nivel de competición.
Con esta competición rematan unha excelente tempada na que os tres obtiveron a súa clasificación para as tres fases de Copa de España, e déronnos momentos moi doces.
Parabéns a ximnastas e adestradoras por unha excelente tempada!!!