Entre os días 21 e 23 desenvolveuse o campionato nacional de conxuntos base. Eran os nosos tres conxuntos, alevín, cadete e xuvenil, os que poñían fin a esta tempada.
O primeiro en saltar ao tapiz foi o conxunto cadete con un exercicio de cinco pares de mazas. Realizou o seu exercicio coa expresión que as caracteriza e tivo moi poucos erros, aínda que con algúns desaxustes. Ocupou o posto 79 da clasificación xeral.
O conxunto xuvenil realizou un dos mellores pases da tempada e acadou o posto 108 nunha categoría de altísima participación, con un total de 151 equipos participantes. Para este conxunto foi a súa última actuacion, como conxunto, na modalidade de rítmica. Pero moitas das súas compoñentes aínda teñen moitas alegrias que nos dar nun futuro próximo.
O conxunto alevín tamén estivo moi acertado na execucion do exercicio e ocupou o posto 65. Volveron dar mostras da súa expresividade con un exercicio moi dinámico.
Estes tres conxuntos remataron a tempada 2024 de conxuntos na modalidade de ximnasia rítmica.
Parabéns pola tempada ximnastas e adestradoras!!!