É a última competición do ano e a máis esperada polas ximnastas de nivel absoluto.
O conxunto infantil foi o primeiro en competir na mañán do venres e esta primeira rotación duelles unha puntuación de 18,600 que as colocaba moi ben na clasificación. O sábado non estiveron tan acertadas e varios erros no exercicio leváronas ó posto 44 na clasificación xeral.
O conxunto alevín, o venres pola tarde tivo un erro grave. Na tarde do sábado foron quen de mellorar moito o seu exercicio. Ocuparon o posto 24 da clasificación xeral.
O conxunto junior realizou os mellores pases da tempada. O venres fíxeronnos saborear o gusto dunha final que sabiamos todos moi complicada. Obtiveron unha excelente puntuación (23,550) e o sábado non nos defraudaron. Acadaron o posto 15 da clasificación xeral da categoría nun campionato de alto nivel.
Parabéns a ximnastas e adestradoras polo traballo de todo o ano!! A polo 2023!!