Na II Fase de Copa Conxuntos os nosos tres conxuntos deron mostra dunha evidente melloría.
O conxunto junior volveu ocupar, como noutras ocasións, as prazas de mitade da clasificación entre os mellores conxuntos do país, no máis alto nivel de competición. Realizaron o seu exercicio de pelotas e mazas con algún pequeno erro e algún pequeno desaxuste que, aínda así, lles otorgou o posto 13 da clasificación.
O conxunto infantil, primeiro ano que compite neste nivel e con só unha experiencia previa na máxima categoría nacional, estivo á altura da competición, foron quen de salvar o seu exercicio de corda con moita expresividade e ocuparon o posto 18 da clasificación.
Por súa parte o conxunto alevín), mostrou unha importante melloría despois da primeira fase do mes de maio en Santander. Lograron obter 5 puntos máis na súa clasificación, saíndo ó tapiz con moita forza. Lograron o posto 13 da clasificación.
No individual de clubs, a participación máis destacada foi a de Laura, que se aupou no posto 26 con un fantástico exercicio de cinta. Noa estivo moi acertada co seu exercicio de aro, a pesares dun erro final e ocupou o posto 45. Candela desencadenou varios erros coa corda dende o inicio que a levaron ó posto 50.
Agora tocan vacacións para comezar con forza en agosto!!