Dúas fases provinciais deron lugar á clasificación para o Campionato Galego Escolar a celebrar en Pontevedra o 24 de maio.
Un total de oito conxuntos escolares estarán no galego: conxunto iniciación Escola, conxunto prebenxamín Escola, conxunto benxamín Escola, conxuntos alevíns M e A Escola, conxuntos infantís M e P do club e infantil Escola, conxunto cadete CXP e senior M CXP. Todos os equipos están mostrando unha gran melloría de cara ao final de tempada. Ademáis do galego escolar, todos os participantes nestas dúas fases, terán a súa final de Copa Deputación en Celanova o día 30 de maio e pode haber moitas sorpresas!!!
Nas dúas fases houbo tamén exhibición dos nosos grupos precompetitivos que amosaron a súa aprendizaxe ao longo da tempada.
No caso dos niveis promocion e prebase serán os catro conxuntos de promocion (prebenxamín, benxamín, alevín e cadete), as ximnastas individuais Alexandra González e Alba Cons, ademáis dos dous conxuntos prebase (alevín e infantil) os que estarán no galego a celebrar en Ourense o día 13 de xuño.
O resumo de participación e resultado en metais foi o seguinte en cada unha destas fases:
- PARTICIPACIÓN: 24 conxuntos e 20 ximnastas individuais
- RESULTADOS:
- Xinzo: 22 medallas
- Maceda: 18 medallas
Moitísma sorte para todo o que queda!!