Moi contentas da participación do equipo de trampolín na primeira competición internacional da temporada.
Participaron dezasete ximnastas de distintas categorías e os resultados non puideron ser mais satisfactorios. Destacamos aquí ao equipo junior compostos por Marta Rodríguez Cancio, Pedro Castaño Garrido, Hugo Rodríguez Pérez e Saúl Rodríguez Rodríguez que se proclamou como o mellor equipo da competición. Pola súa banda o equipo U-11 tamén acadou a mellor puntuación da súa categoría o que prexaxia un relevo potente en marcha.
En canto á participación individual destacar o inmellorable campionato de Mateo Rodríguez Pérez que subiu ao mais alto do podio en Trampolín, Dobre Minitramp e Sincronismo. O seu irmán Diego non se quedou atrás acadando un ouro en trampolín e unha prata en DMT. Marta Rodríguez Cancio tamén fixo doblete con ouro en Trampolín e prata en DMT. Alejandra Braña Barreiros, Pedro Castaño Garrido, Saúl Rodríguez Rodríguez e Hugo Rodríguez Pérez tamén se subiron ao podio.
Agardamos que sexa a antesala do que queda por vir!!