Ourense (18-19 de marzo 2023)
Comezou de novo a competición. Os nosos conxuntos nacionais buscaban, nos Remedios, o pase ás Copas de Santander.
O sábado foi o turno dos tres conxuntos absolutos. As alevíns estiveron preciosas, sen apenas erros no exercicio. Foron quen de superar os nervios de ser as primeiras no tapiz e competirán na Copa de España. As junior de primeiro ano realizaron un excelente traballo que as colocou no segundo posto na puntuación e por tanto tamén estarán na Copa de España. As junior de segundo ano tiveron varios erros que as deixaron fóra da fase nacional.
O domingo eran os conxuntos base que loitaban tamén por unha praza. As infantís, con un exercicio moi ben executado, ocuparon o segundo posto da clasificación entre os sete equipos participantes. As cadetes foron cuartas, con cousiñas que mellorar cara ó resto da tempada. Ambos conxuntos competirán en Santander
Parabéns a todas e moita sorte para o que queda de tempada!!