O Club Ximnasia Pavillón Ourense puxo o broche de ouro á tempada cunha magnífica participación no Coimbra GymFest, unha competición internacional na que se deron cita ximnastas de 17 países, vivindo unha fin de semana chea de deporte, convivencia e grandes resultados.
O noso club regresa de Portugal cun excelente balance, destacando especialmente os éxitos por equipos:
- 🥇 Medalla de ouro por equipos en Trampolín U12 masculino.
- 🥈 Medalla de prata por equipos en DMT U12 masculino.
A nivel individual, Daniela asinou unha actuación sobresaliente, conseguindo:
- 🥈 Medalla de prata en DMT.
- 🥉 Medalla de bronce en Trampolín.
Ademais, queremos destacar a gran actuación de Lucas, que competiu formando parte da selección española na FIG Trampoline World Cup de Coimbra, acadando un magnífico 8.º posto en DMT, un resultado que confirma a súa progresión ao máis alto nivel internacional.
Este campionato pon o punto e final a unha tempada inesquecible para o noso club, marcada polo esforzo, a dedicación e o compromiso de ximnastas, adestradores e familias.
Parabéns a todos e todas por este fantástico peche de tempada!!!