Ir al contenido

CONTROL COPA BASE CONXUNTOS E I FASE COPA DE ESPAÑA CONXUNTOS ÉLITE (Ourense, 5 de abril, 2025)

O noso club presentaba aos seus tres conxuntos absolutos para buscar a súa clasificación para a I Fase de Copa de España de conxuntos. A categoría máis complicada era a categoría senior, con catro conxuntos galegos . Finalmente foi o senior M o que, co segundo posto, logrou a clasificación. O conxunto senior P quedou finalmente ás portas no terceiro posto. As infantís foron primeiras con seu exercicio de pelotas e cintas que defenderon con moita veteranía.

Para a Copa Base de conxuntos eran dous conxuntos do Escola Pavillón os que competían (conxuntos cadete base  e conxunto alevín base). O conxunto cadete logrou o 2º posto nunha das categorías máis numerosas, con un exercicio ben executado. O conxunto alevín (Marina, Area, Alicia, Valeria R., Mara e Valeria V.) foi 1º clasificado.

Parabéns e moitísima sorte en Granada!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad