Unha nova cita de ritmiqueira neste final de 2022 tan movido!
O día 6 de novembro na xornada de mañán Sofía participaba no control individual base.
Deu mostras dunha gran melloría dende o inicio da tempada e realizou un bonito exercicio que, sobre todo disfrutou. Ocupou a 7º posicion na categoría alevín.
Pola tarde era o turno dos conxuntos absolutos. Os conxuntos alevín e junior tiveron varios erros que as levaron ó 2º posto da clasificación en ambas categorías. O conxunto infantil proclamouse subcampión galego con un exercicio moito mellor executado que días antes no Euskalgym.
Moitísima sorte na III Fase de Copa e nos respectivos nacionais ós conxuntos base e absoluto!!