COPA DE ESPAÑA CONXUNTOS ABSOLUTOS
O noso club presentaba aos seus tres conxuntos absolutos para buscar a súa clasificación para a I Fase de Copa de España de conxuntos.
A categoría máis complicada era a categoría senior, con catro conxuntos galegos e un excelente nivel. Eran dous conxuntos do club os que loitaban por estar en Granada. Finalmente foi o senior M (Candela, Laura, Noa, Claudia e Mariña) o que, co segundo posto, logrou a clasificación. O conxunto senior P (Martina, Xisela, Sheila, Maya, Daniela e Gretel) quedou finalmente ás portas no terceiro posto.
Nas categoría infantil, Lara, Carla, Olga, Claudia e Bianca foron primeiras con seu exercicio de pelotas e cintas que defenderon con moita veteranía.
COPA CONXUNTOS BASE
Para a Copa Base eran dous conxuntos do noso club os que competían (conxuntos cadete base e conxunto alevín base). O conxunto cadete (Mónica, Laura, Lara, Daniela, Noa e Nicole) tamén moi veterano no nivel base, logrou o 2º posto nunha das categorías máis numerosas, con un exercicio moi ben executado. O conxunto alevín (Marina, Area, Alicia, Valeria R., Mara e Valeria V.) foi 1º clasificado.
Estes catro conxuntos ourensáns estarán en Granada entre os días 1 e 4 de maio. Ata entón continuarán o seu traballo na mellora dos seus exercicios da man das súas adestradoras: Natalia Gómez, Alba Estévez, Yaiza Rodríguez e Raquel Dafonte.
Parabéns a todas!!!