Marchamos a Santander cos catro conxuntos nacionais!
Primeira competición de rítmica de 2022 que se saldou con excelentes resultados para as nosas mozas.
O sábado comezabamos acadando a segunda praza coas infantís base. Non era fácil a clasificación pero, coma sempre, fixeron gala da súa capacidade competitiva e realizaron o seu exercicio de cintas con poucos erros.
Os coxuntos absolutos mostraron o gran avance nos seus novos exercicios. O conxunto infantil, a pesares de ser o seu primeiro ano neste nivel, estiveron preciosas, con unha primeira parte do exercicio fantástica, que nos da moi boas sensacions. Por súa parte, as alevíns e as junior acadaron a nota máis alta das súas categorías nunha sesión de excelente nivel ximnástico.
O domingo, era o turno de Norah, que se estreaba en modalidade individual na categoría benxamín, na que acadou a medalla de bronce.
Estamos moi orgullos@s do traballo de ximnastas e adestradoras!