COPA CONXUNTOS BASE- COPA ESPAÑA CONXUNTOS 1ª FASE- FASE AUTONÓMICA (VIGO, 28 DE MARZO- 2026)

Os conxuntos élite junior e senior mixto e os conxuntos base infantil e xuvenil acadaron a clasificación para a I Fase de Copa de España e Copa Base que terá lugar en Santander no mes de maio.

A Copa Base de conxuntos tiña como competidores ourensáns aos nosos conxuntos infantil e xuvenil do Escola Pavillón. Ambos acadaron a clasificación para a Copa Base a celebrar en Santander. O infantil defendeu o seu exercicio con escasos erros e foi 2º clasificado. O xuvenil non tivo o seu mellor día e foi 5º na clasificación.

Na clasificacion para a Copa de España, para a que se clasifican só dous conxuntos por categoría,  o conxunto junior élite do Ximnasia Pavillón Ourense competía na categoría maís complicada, con catro conxuntos galegos de clubs moi veteranos (Oleiros, Acordes, Maniotas e Pavillón). Lograron o 2º posto con un exercicio moi ben executado. Por súa parte o conxunto senior mixto, que non puido estar no control por baixa médida dun dos compoñentes, estará tamén en Santander por tratarse dunha categoría con clasificación directa.

Parabéns e boa sorte para a Copa!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad