EUSKALGYM (Bilbao, 1-3 de novembro de 2024)

19 de noviembre de 2024

Marabillosas actuacións dos nosos equipos en Bilbao. Unha das citas máis esperadas polas nosas ximnastas saldouse con moi boas sensacións competitivas cara ao final da tempada.

O conxunto alevín base foi o primeiro en competir na xornada do venres. O sábado competían os conxuntos cadete base, xuvenil base e cadete prebase. O mellor resultado foi o do conxunto cadete que logrou un excepcional 14º posto do total de 50 conxuntos que competían nesta categoría.

Na xornada do domingo competiron os tres conxuntos absolutos e os tres deron mostra dun bó dominio dos seus exercicios. As senior obtiveron unha moi boa puntuación e colocáronse, tamén nunha das categorías de máis alta participacion, no posto 11º. As junior foron 16º e 13º as infantís.

A últimas horas do domingo os dous ximnastas absolutos regaláronnos con dous brillantes exercicios. José e Eduardo foron 7º e 9º na categoría junio.

Moitísimos parabéns a toda a expedición!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad