De novo un excelente final para os nosos equipos escolares!!
Na modalidade individual houbo un total de 11 participantes pavillonistas que se fixeron con 9 medallas. Tres deles foron ouros (Carla Camino Méndez en categoría prebenxamín, Olivia Currás Conde en categoría benxamín e Alexandra González López en categoría infantil)
Na modalidade de conxuntos foron 13 os conxuntos que participaron obtendo medalla 9 deles e situándose todos en postos cercanos a podium. Cinco destas medallas foron ouros, obtendo así o título de Campións da Copa Deputación con cinco das sete categorías de competición.
Os resultados por categorías e modalidade de competición foron os seguintes:
- INDIVIDUAIS:
- Iniciación: 1 prata
- Prebenxamín: 1 ouro e 1 prata
- Benxamín:1 ouro
- Alevín: 1 prata, 1 bronce e 1 sexto posto
- Infantil: 1 ouro e 1 prata
- Senior. 1 prata
- CONXUNTOS:
- Iniciación: 1 ouro
- Prebenxamín: 1 ouro e 1 cuarto posto
- Benxamín:1 ouro
- Alevín: 1 prata e 1 quinto posto
- Infantil: 1 ouro, 1 prata, 1 cuarto e 1 quinto posto
- Cadete: 1 ouro
- Senior. 1 prata e 1 bronce
Non podemos estar máis satisfeitas do traballo das ximnastas e de todo o equipo técnico!!!!
Despois de pechar a tempada coa Mostra de Escolas, haberá unhas merecidas vacacións e esperaremos con moita ilusión outra tempada máis de éxitos.