Ouro en Granada para o equipo senior mixto de ximnasia estética
O domingo pola mañá, o equipo senior mixto de ximnasia estética de grupo competiu en Granada na II Fase da Liga Federacións, deixando unha magnífica actuación sobre o tapiz.
A pesar da ausencia de José Vázquez, centrado estes días na competición individual masculina, o equipo formado por Alejandro, Lara, Noa, Daniela, Nicole, Mónica e Laura conseguiu subir ao máis alto do podio e proclamarse campión da competición.
Un novo ouro para os Clubs Pavillón nunha tempada moi especial para este grupo, que continúa medrando competición tras competición. O Club Villa Getafe e o Club Velasco de Madrid completaron o podio da categoría.
O próximo gran obxectivo será o Campionato Nacional de Ximnasia Estética de Grupo, que se celebrará en xullo en Huesca.
Moi orgullos de tod@s vos!!!