Este domingo, os conxuntos escolares participaron no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica celebrado no Pavillón Municipal de Pontevedra, unha competición que reuniu a 140 conxuntos de toda Galicia.
Os Clubs Pavillón foron a entidade ourensá con maior representación, contando con dez conxuntos clasificados para esta cita autonómica.
O resultado máis destacado chegou co conxunto de iniciación do Escola Pavillón, que quedou ás portas das medallas cunha meritoria cuarta posición, a só 0,200 puntos do podio, tras realizar un exercicio moi ben executado.
Tamén completou unha gran competición o conxunto infantil do Escola Pavillón, que conseguiu finalizar no posto 15º nunha categoría cun nivel e participación moi altos.
A tempada escolar afrontará agora a súa última cita coa Final da Copa Deputación, que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio en Celanova.
Desde os Clubs Pavillón amosan a súa satisfacción polo traballo, esforzo e compromiso de todas as ximnastas, adestradoras e familias: “Estamos moi orgullosos de todos os nosos equipos e de como representan os valores do club dentro e fóra do tapiz”.
Resultados:
Iniciáción: 4º Escola Pavilllón
Prebenxamín: 15º Ecola Pavilllón R
Alevín: 23º Escola Pavillón M, 27º Escola Pavillón A
Infantil: 15º Escola Pavillón, 22º CXPavillón P, 24º CXpavillón M
Cadete: 18º CXPavillón
Senior: 18º CXPavillón