Os conxuntos infantil e junior nas súas respectivas categorías no máis alto nivel nacional. O conxunto senior, que tamén se clasificara para a competición, tivo que causar baixa por motivos de saúde de unha das súas compoñentes, á que lle desexamos unha pronta recuperación.
O conxunto infantil (Alma, Claudia, Lara, Carla, Bianca e Olga) foron as máis madrugadoras. Realizaron un exercicio moi bonito pero con tres erros graves que baixaron a nota de execución, aínda así foron 11º na súa categoría.
O conxunto junior (Martina, Xisela, Maya, Daniela, Gretel e Sheila) comezaron moi ben o exercicio pero tiveron unha saída de tapiz e encadearon a partires de ahí unha serie de erros que desluciron o resultado final. Ocuparon o posto 15º da categoría.
Estamos moi orgullosas do voso traballo! Moita sorte aos tres equipos para todo o que queda!!