Ir al contenido

I FASE COPA DEPUTACIÓN E PROVINCIAL ESCOLAR-PROMOCION E PREBASE (Celanova, 29 de marzo, 2025)

Excelentes resultados nesta primeira cita de tempada autonómica.

O noso club fíxose con 18 metais dos que 16 foron ouros.

No nivel escolar modalidade individual, as nosas ximnastas Paula, Ximena, Noa, Olivia, Valeria e Pura acadaron o ouro nas categorías iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e senior. A estes ouros hai que sumar o bronce de Ana Sofía na categoría infantil. Os conxuntos trouxeron catro ouros, unha prata e catro cuartos postos.

No niveis promoción e prebase os nosos conxuntos e a nosa individual, Carlota, deron mostras do seu traballo neste inicio de tempada e seguramente nos darán grandes alegrías cos seus exercicios.

Parabéns a todos os clubs participantes e en especial á familia CXPOurense!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad